Un punto de encontro na Coruña
EnxeñoLabs é un punto de encontro na Coruña para as mentes inquietas, no que desenvolvemos actividades extraescolares relacionadas coas disciplinas STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Arte e Matemáticas).
No noso espazo temos unha oferta de diferentes laboratorios onde experimentar con robótica, club de ciencias, xogos, arte….
Ofertamos campamentos en tempada de vacacións escolares e obradoiros de fin de semana.
En EnxeñoLabs tamén atoparás un espazo para nais e pais onde tratar temas relacionados coa infancia, a mocidade e a educación en xeral así como para profesores, centros educativos que queiran vir a coñecernos e desfrutar das nosas actividades.
Espazo nómada
EnxeñoLabs é unha metodoloxía, un xeito de facer que se pode levar a diferentes lugares.
Imos a centros de ensino, asociacións, centros sociais e veciñais, ou feiras e festivais de ciencias e educación.
Podemos desenvolver actividades en calquera espazo e atender ás necesidades educativas tanto de familias como de persoal docente.
Contamos co mellor
Equipo
Contamos cun equipo interdisciplinar cunha ampla experiencia en innovación.
As mellores
Formadoras
Expertas en metodoloxía STEAM
Montse
Pedagoga feita de salitre e lava, especialista en necesidades específicas de apoio educativo e formadora de profesorado. Paso as horas fedellando e xogando. O meu ecosistema habitual son as actividades tecnolóxicas de EnxeñoLabs e as veces todo o demais.
María
Defensora da infancia e a educación, friki das ciencias e mamá. Fundadora de Dismedia e EnxeñoLabs, profe de física e química, especialista en metodoloxías activas e formadora de profesorado. Espérovos en EnxeñoLabs e no clube de ciencias.
Irene
Toda a vida debuxando. Dende o audiovisual, deseñando pezas gráficas para web e redes sociais, a ilustración, creando murais e proxectos editoriais de Galaxia, Bululú, etc., a moda e a docencia, onde son moi feliz! Son moi curiosa e espero aprender moito con vós. Espérovos en CreaLab.
Susi
Nai e soñadora a tempo completo, educadora infantil e improvisadora a tempo parcial. Amante e practicante dende o berce das distintas artes escénicas: música, teatro e bailes nas súas diferentes variedades. Podédesme atopar en acción en ExpresaLab.
Mar
Mestra de educación infantil e especialista en atención emocional ao neno/a hospitalizado segundo o modelo Child Life. Espérovos en PequeLab e XogoLab para explorar o fascinante mundo das actividades STEAM e os xogos de mesa, construíndo aprendizaxes a través da diversión e a creatividade, e ofrecendo aos mais peques un ambiente estimulante onde xogar, explorar e medrar emocionalmente!