Formación para o profesorado

As nosas formacións están orientadas a axudar aos centros educativos nos seus plans de formación. A través dos centros de formación e recursos da conselleria de edcuación da xunta de galicia, a través doutras entidades educativas como CECE ou Escolas Católicas podendo bonificala pola fundación tripartita ou ben de forma autónoma.

Variedade de contidos

Metodoloxías activas, Posibilidades pedagóxicas dos Polos Creativos, STEAM, Pensamento Computacional, Robótica Educativa, IA, Programación, Tecnoloxía creativa, Deseño e impresión 3D, Croma, Stop Motion, Realidade Virtual, Plotter de corte, Recursos e ferramentas TIC TAC TEP, Traballo por ámbitos, Lexislación, Deseño de situacións de aprendizaxe, Autorregulación da aprendizaxe, Aprendizaxe competencial, Avaliar competencias, Avaliación formativa, Aprendizaxe Baseado en Xogos, Aprendizaxe-Servizo, DUA, Intervención do alumnado co NEAE…

Axustada ás túas necesidades

Preparamos unha proposta formativa para o teu claustro. Adaptamos os contidos aos vosos intereses e necesidades, aos coñecementos previos dos/ as asistentes así como a duración e temporalización.

Cando e onde queiras

Unha vez aceptada a proposta formativa fixamos a duración e temporalización da mesa e logo desprazámonos ao teu centro ou ben podemos facela en EnxeñoLabs

Metodoloxía

As nosas formacións combinan contidos teóricos e prácticos, con especial relevancia destes últimos. Mediante grupos cooperativos ou de forma individual, aproximarédevos a distintos niveis de profundización e á súa implantación na aula.

Asesoramento

Estaremos ao teu carón durante todo o proceso.

As nosas formacións están orientadas a axudar aos centros educativos nos seus plans de formación. A través dos centros de formación e recursos da Consellería de Educación da Xunta de Galicia ou a través doutras entidades educativas como CECE, Escolas Católicas…, podendo bonificala pola Fundación Tripartita.

EnxeñoLabs Libro