Campamento EnxeñoLabs

O campamento EnxeñoLabs By Dismedia é unha alternativa de lecer para as crianzas durante os períodos vacacionais (verán, nadal, entroido, semana santa e pontes). Un espazo no que se promove a aprendizaxe a través do xogo e o desenvolvemento de proxectos, aplicando sempre metodoloxías activas e baseando as distintas temáticas e actividades nos intereses dos participantes.

As actividades, xogos e obradoiros que se desenvolverán durante o campamento estarán centrados nas disciplinas STEAM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, arte e matemáticas). 

Sempre que o tempo acompañe realizaremos saídas diarias e excursións pola contorna.

Personaliza o teu campamento! Elixe os teus horarios.

  • A partir de 3 anos

  • Horario 9:30h – 14 h

  • Servizos extra: madrugadores dende as 7:30, comedor e ampliación horaria de 15-16h.

Campamentos Neno