Imaxina, crea
e aprende

EnxeñoLabs Robótica

Imaxina, crea, aprende.

Un espazo de

Aprendizaxe e ocio activo

Novo Mesoiro, A Coruña

Punto de encontro para as mentes inquietas, no que vos esperan actividades extraescolares, campamentos e obradoiros de ciencia, arte e tecnoloxía.

Experiencia

Dismedia

Recollendo unha longa experiencia familiar, levamos máis de 10 anos desenvolvendo proxectos de innovación educativa, metodoloxías activas e coñecemento aberto.

EnxeñoLabs Dismedio

As mellores

Formadoras

Contamos cun equipo interdisciplinar cunha ampla experiencia en innovación.

Montse

Actividades tecnolóxicas

Pedagoga feita de salitre e lava, especialista en necesidades específicas de apoio educativo e formadora de profesorado. Paso as horas fedellando e xogando. O meu ecosistema habitual son as actividades tecnolóxicas de EnxeñoLabs e as veces todo o demais.

 

María

Club de ciencias

Defensora da infancia e a educación, friki das ciencias e mamá. Fundadora de Dismedia e EnxeñoLabs, profe de física e química, especialista en metodoloxías activas e formadora de profesorado. Espérovos en EnxeñoLabs e no clube de ciencias.

 

Irene formadora Enxeño Labs

Irene

CreaLab

Toda a vida debuxando. Dende o audiovisual, deseñando pezas gráficas para web e redes sociais, a ilustración, creando murais e proxectos editoriais de Galaxia, Bululú, etc., a moda e a docencia, onde son moi feliz! Son moi curiosa e espero aprender moito con vós. Espérovos en CreaLab.

Susi EnxeñoLabs

Susi

ExpresaLab

Nai e soñadora a tempo completo, educadora infantil e improvisadora a tempo parcial. Amante e practicante dende o berce das distintas artes escénicas: música, teatro e bailes nas súas diferentes variedades. Podédesme atopar en acción en ExpresaLab.

Queres formar parte do noso equipo? Ponte en contacto con nós!

Os nosos

Principios

Traballamos, dende un enfoque integral a metodoloxía STEAM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas) a través de retos, proxectos e xogos onde ti serás o protagonista da túa aprendizaxe.

TRABALLO EN EQUIPO

EnxeñoLabs Libro

TOMA DE DECISIÓNS

REFORZO DE COMPETENCIAS CLAVE E VALORES SOCIAIS

EnxeñoLabs Probeta

CREATIVIDADE

EnxeñoLabs Probeta 2

RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS

EnxeñoLabs Tablet

PENSAMENTO CRÍTICO

Os nosos

Laboratorios

Elixe entre os nosos laboratorios, libera a túa imaxinación e fai realidade as túas ideas.

 

O noso

Espazo

Contamos cun espazo totalmente adaptado e equipado para acoller os laboratorios, as actividades formativas, os eventos e para facilitar a conciliación familiar.

Os nosos

Eventos

Ademais dos nosos laboratorios non vos perdades o resto de actividades que organizamos: campamentos, obradoiros e cursos!

A PARTIR DE 4 ANOS

Organiza o teu verán con EnxeñoLabs by Dismedia.

Contamos con campamentos flexibles e adaptables a todas as necesidades e horarios, para aproveitar ao máximo a creatividade aplicada á aprendizaxe.

Obradoiros e xogos divertidos: robótica, programación, ciencia, arte e moito máis! Saídas diarias e excursións. Resolveremos retos STEAM para mellorar a nosa contorna.

HORARIO 9:30 – 14 h


Personaliza o teu campamento! Elixe os teus horarios e actividades.

Ampliación horaria de 7:30 a 16h e comedor.

Consúltanos!

Elixe e goza cos nosos obradoiros e cursos especializados durante todo o ano. Os sábados agardan por vós obradoiros de ciencia, arte, tecnoloxía, robótica, contacontos e moitas mais sorpresas.

Pregúntanos!

Durante o curso escolar realizaremos charlas e obradoiros relacionados coa infancia, a xuventude e a educación en xeral (disciplina positiva, educación dixital, afectivo-sexual, etc…) enfocados a pais e nais comprometidas coa crianza e a educación.

Escríbenos para saber máis!

 
Campamentos Neno

Reserva a túa praza

Contacta

Ponte en contacto con EnxeñoLabs e amplia a información para o teu taller, laboratorio ou campamento. Cubre este formulario e contactaremos contigo.

Nome (requerido)

Email (requerido)

Teléfono

Cóntanos a actividade na que estás interesado/a (requerido)

Enviando este formulario estás a aceptar a nosa política de privacidade.

Como

Atoparnos

Temos un centro en Novo Mesorio agardando por ti!

A nosa ubicación

EnxeñoLabs
Avenida de Novo Mesoiro, 23

A Coruña

Tes dúbidas?

Chámanos

Atópanos nas redes!

Emega Xunta EnxeñoLabs