Un punto de encontro na Coruña
EnxeñoLabs é un punto de encontro na Coruña para as mentes inquietas, no que desenvolvemos actividades extraescolares relacionadas coas disciplinas STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Arte e Matemáticas).
No noso espazo temos unha oferta de diferentes laboratorios onde experimentar con robótica, club de ciencias, xogos, arte….
Tamén ofertamos campamentos en tempada de vacacións escolares e obradoiros de fin de semana.
En EnxeñoLabs tamén atoparás un espazo para nais e pais onde tratar temas relacionados coa infancia, a mocidade e a educación en xeral (disciplina positiva, competencia dixital, educación afectivo-sexual, saúde, etc…)
Espazo nómada
Ademais EnxeñoLabs tamén é unha metodoloxía, un xeito de facer que se pode levar a diferentes lugares.
Imos a centros de ensino, asociacións, centros sociais e veciñais, ou feiras e festivais de ciencias e educación.
Podemos desenvolver actividades en calquera espazo e atender ás necesidades educativas tanto de familias como de persoal docente.