As mellores

Formadoras

Contamos cun equipo interdisciplinar cunha ampla experiencia en innovación.

Montse

Actividades tecnolóxicas

Pedagoga feita de salitre e lava, especialista en necesidades específicas de apoio educativo e formadora de profesorado. Paso as horas fedellando e xogando. O meu ecosistema habitual son as actividades tecnolóxicas de EnxeñoLabs e as veces todo o demais.

 

María

Club de ciencias

Defensora da infancia e a educación, friki das ciencias e mamá. Fundadora de Dismedia e EnxeñoLabs, profe de física e química, especialista en metodoloxías activas e formadora de profesorado. Espérovos en EnxeñoLabs e no clube de ciencias.

 

Irene formadora Enxeño Labs

Irene

CreaLab

Toda a vida debuxando. Dende o audiovisual, deseñando pezas gráficas para web e redes sociais, a ilustración, creando murais e proxectos editoriais de Galaxia, Bululú, etc., a moda e a docencia, onde son moi feliz! Son moi curiosa e espero aprender moito con vós. Espérovos en CreaLab.

Susi EnxeñoLabs

Susi

ExpresaLab

Nai e soñadora a tempo completo, educadora infantil e improvisadora a tempo parcial. Amante e practicante dende o berce das distintas artes escénicas: música, teatro e bailes nas súas diferentes variedades. Podédesme atopar en acción en ExpresaLab.

Queres formar parte do noso equipo? Ponte en contacto con nós!

Os nosos

Principios

Traballamos, dende un enfoque integral a metodoloxía STEAM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas) a través de retos, proxectos e xogos onde ti serás o protagonista da túa aprendizaxe.

TRABALLO EN EQUIPO

EnxeñoLabs Libro

TOMA DE DECISIÓNS

REFORZO DE COMPETENCIAS CLAVE E VALORES SOCIAIS

EnxeñoLabs Probeta

CREATIVIDADE

EnxeñoLabs Probeta 2

RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS

EnxeñoLabs Tablet

PENSAMENTO CRÍTICO