Xa escoitaches falar de aprendizaxe baseada en xogos antes? É unha metodoloxía de ensino – aprendizaxe emerxente. Consiste no desenvolvemento de coñecementos e no adestramento de habilidades e competencias clave mediante xogos analóxicos e dixitais coidadosamente seleccionados en función dos contidos que se van traballar e dos obxectivos de aprendizaxe.

Esta metodoloxía permite a formación de habilidades sociais, o pensamento crítico, a comunicación, a resolución de problemas, o traballo en equipo, a autonomía e a autoestima.

Se os xogos son seleccionados cun criterio lóxico e real adaptado ás necesidades do alumnado, son unha fantástica ferramenta para promover a motivación e os intereses do alumnado.

Este tipo de metodoloxía forma parte da identidade de Dismedia. E ti, coñecíala? Aplícao nas túas clases?
Non esquezas que o noso departamento de formación pode asesorarte e formarte para que as túas clases sexan máis divertidas e dinámicas.