Camiñamos cara ao último mes do EnxeñoLabs deste curso, que rápido pasa o tempo e que orgullosos estamos dos nosos pequenos enxeñeiros. Canto creceron e canto aprenderon, non podes imaxinar o felices que estamos de presenciar este proceso de aprendizaxe.
Os máis pequenos dedicaron o mes a reforzar os seus coñecementos de programación e desenvolveron a súa creatividade á hora de construír, tamén gozaron moito con Lego, coma sempre.
Os nosos grupos medios tamén se divertiron moito co lego, pero tamén continúan coa programación creativa en Scratch, estes rapaces son tan bos creando historias e personaxes! e tamén puideron resolver un reto sobre a ciberseguridade e os contrasinais seguros.
Por último, os maiores comezaron a enfocar a súa cidade intelixente e parece que vai collendo forma, deseñamos en 3D e construímos con compoñentes Mbot, agora hai que programala e deseñar os retos nela… non esperes a velo rematado!
Leave A Comment