Para darlle a volta á educación hai que ter en conta todos os factores que inflúen nela, avalialos e modificados continuamente en función do que se quere transmitir e dos seus destinatarios. Hai mil formas de impartir contidos e cada unha delas proporcionará resultados diferentes ás demais, é tan importante coñecer ao alumnado e saber que metodoloxía, materiales, tarefas, etc. poden funcionar ou non como ter boas habilidades comunicativas e ter un bo espazo.

Os espazos de traballo son un factor clave para unha aprendizaxe exitosa. É importante que tanto profesorado como alumnado estean nun ambiente cálido, cómodo e motivador que permita compartir, transmitir e construír coñecemento.

Un espazo que os principais axentes do proceso de ensino-aprendizaxe non teñen présa por abandonar facilitará moito o proceso.

Por iso, Dismedia deseña e constrúe espazos adaptados ás necesidades dos seus usuarios. Lugares eficientes e fermosos con infinitas posibilidades de aprendizaxe.

E ti? Xa pensaches facer cambios no teu espazo? Necesitas consello? Podemos axudarche!