Que divertido e produtivo foi novembro en EnxeñoLabs! E é que non só os nosos nenos do Lab I e do Lab II traballaron e aprenderon moito construíndo e programando, senón que tamén inauguramos un novo grupo! Os máis pequenos do Lab 0 sumáronse a esta experiencia… e canto nos sorprenderon. Se algo aprendemos é que as novas xeracións chegan pisando moi, moi forte.
Todos os grupos superaron os retos de aprendizaxe con gran éxito. Entre estes retos podemos destacar a construción dun tren capaz de percorrer toda a cidade, a creación dunha película, a programación dun holograma, a codificación de tarxetas de loita mediante QR, o deseño 3D de diferentes robots, a execución de programación avanzada, desafíos con Mbot e a tan esperada construción e programación de Milo, a nosa mascota wedo 2.0.
En definitiva, aprendemos moito e pasámolo moi ben.
Se aínda non nos coñeces a EnxeñoLabs By Dismedia, lembra que te esperamos :)
Leave A Comment