Durante o curso pasado o equipo de Dismedia tivo a sorte de organizar XALLASLAB en colaboración coa ONG Ayuda en Acción, no noso caso, compartimos a experiencia cos mozos de Santa Comba na comarca do Xallas.

Os Laber traballaron en diferentes proxectos que variaban segundo os seus intereses e a través dos cales recibiron formación tecnolóxica en robótica, programación, electrónica, deseño 3D, realidade virtual, etc. Tamén formáronse noutras habilidades como o traballo en equipo, a creatividade, o espírito emprendedor, a iniciativa, etc.

Moi boas ideas xurdiron cun obxectivo común: mellorar Santa Comba. Os proxectos foron dende un aspecto de infraestruturas e comunicacións ata unha categoría de mellora social.

A metodoloxía baseada en ABP, aprendizaxe enfocada en solucións e baseada nos participantes e nos seus intereses, axudoulles a construír a súa propia aprendizaxe e a tomar conciencia das moitas oportunidades laborais que teñen mediante a formación das súas habilidades sociais e técnicas.

Foi un pracer para Dismedia compartir esta experiencia con estes fantásticos Labers, estamos seguros de que todos chegarán ata onde queiran.

Esperamos encontrarnos de novo pronto.